•  

 

Comunicación

TVG: Erea foi unha das primeiras pacientes de covid-19 ingresadas en Vigo

Hai xusto un ano se convertía nunha das primeiras pacientes en ingresar en Povisa pola COVID. Erea Ledo tiña 25 anos, practicaba deporte e, pese a ter asma, non se consideraba persoa de risco. "Pensábamos que era coma unha gripe", subliña ante as cámaras dos informativos de TVG

Erea estivo unha semana hospitalizada. Recibiu un tratamento experimental que lle provocou efectos secundarios e logo estivo un mes illada nun cuarto da súa casa. Un ano despois, aínda arrastra secuelas da enfermidade.
Facer bolboretas de papel foi unha das suas terapias durante o illamento, e agora son case un símbolo dunha etapa que marcou un antes e un despois na súa vida.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-4865275?t=929

https://www.crtvg.es/informativos/erea-ledo-unha-das-primeiras-pacientes-de-coronavirus-que-ingresou-hai-un-ano-en-povisa-4865287

Realiza tu prueba COVID

Ayúdanos a mejorar

Vídeos educativos Rehabilitación

Comisión de docencia

Trabaja con nosotros

Congresos y jornadas

Cómo llegar a Povisa